Blogia
Andresadas

O deporte

Tres goles galegos nun San Lázaro a rebosar...

Tres goles galegos nun San Lázaro a rebosar...

Non sabedes todos vós canto lamentei non poder estar nas gradas do Multiusos de San Lázaro de Santiago de Compostela... Por fin voltaríamos ver tódolos santiagueses, ese estadio cheo por completo, ó igual que estivo nos tempos nos que a Sociedade Deportiva Compostela estaba na Primeira División. Por iso, e porque ademáis, despois de, nada máis e nada menos que sesenta e nove anos que a Selección Galega de Fútbol non xogaba un amigable... E este foi ante Uruguai, terra na que moitos dos nosos paisanos están a vivir por mor da emigración, e noutras circunstancias, do exilio...

Para ser francos, a selección charrúa, non era a bicampiona do mundo dos anos 30 e 50, senón que enfrontámonos ante unha selección abatida tralo fiasco de non podere clasificarse para o Mundial de Alemaña, e con ausencias tan notables coma as de Nestor Fabián Cannobio (xogador celtiña), Diego Forlán (do submarelo amarelo), e o Chino Recoba (xogador do Inter de Milán)... Pero os galegos si tivemos o noso Chino, Roberto Losada, aínda que este non andou moi fino ca porta uruguaia... Pero si Nano... O coruñés rematou ó fondo das redes un centro de Xulio Álvarez que supuxo o un a cero... O primeiro gol galego dende hai case 70 anos!!!!

Sinceiramente, non esperaba que a selección galega xogase dese xeito... O comezo do partido, o equipo custáballe moito saír co balón xogado, aínda que co paso dos minutos puidemos ver unha escadra que movía o esférico ó primeiro toque, e que deixaba detalles de calidade, sobre todo por futbolistas coma Pablo Álvarez, Emilio Viqueira ou Borja... Ademáis, debemos ter en conta, que dous pilares básicos do equipo galego non estaban dispoñibles, coma Borja Oubiña e Fran, que estaban tocados e non podían desputar este encontro. O amigable tamén o perdeu o goleador do Glasgow Rangers, Nacho Novo (non o actor, un futbolista... Laughing)

Na segunda metade, un equipo totalmente novo, entrou xa con gañas de remata-la festa. Deus, xogador que chegara rebotado tralas ausencias doutros xogadores que non estaban dispoñibles, fixo o segundo gol, tras un excelente pase de Juanito, o xogador do Racing... E o mesmo Deus sería o encargado de marcar o terceiro... Un gol para enmarcar... Túnel de Viqueira a un rival, pase a Michel Salgado, e o madridista, centra coa dereita por alto, de xeito que Deus remata de volea sen que o gardamallas Carini nada puidese facer... Tres a cero... Tres a cero a Uruguai... Isto é incríble... Boeno, ademáis, os uruguaios marcaron dous goles, ó final do partido, tras dous despistes de Noguerol, nos que o gardameta Roberto do Sporting de Xixón, nada puido facer...

Pero ó máis importante non é a victoria... O máis importante é ver unha afición galega, cantando Queixumes dos Pinos para empezar, e logo Eu traio unha borracheira... Máis tarde A Rianxeira... Vai o jol, ajora vai o jol.... Un verdadeiro festival no que tódolos galegos desfrutaron do millor fútbol... E que haxa moitos máis...

 

Homenaxe a Óscar Muiño Blanco

Homenaxe a Óscar Muiño Blanco

Onte, no campo de terra de fútbol de Conxo, disputouse un encontro amigable en honra a un compañeiro e amigo que pola mala fortuna, foinos quitado o día 28 de Xullo deste ano. Todos sabemos que a estrada é traizoeira, e levounos a unha das millores persoas que había no mundo. Se non soa a tópico cando se di que sempre se van os millores... neste caso é ben certo... Foise un excelente amigo, co que eu compartín numerosas anédotas, diversos partidos de fútbol e de baloncesto... Moitas aventuras, e dame moita mágoa que non foran moitas máis...

Coñecín a Óscar no Antón Fraguas, foi comigo dous ou tres cursos no instituto, e xa fixemos boas migas dende o primeiro día... Correxíame os traballos e deberes da clase (era moi bo estudante e moi traballador), xogamos pachangas no recreo de fútbol (el era un grandísimo xogador, deso os do Conxo tiñan moi boa nota, ó igual que o Compos...) e tamén de baloncesto... (como desesperaba con el, ademais de ser alto, era o único capaz de facer mates sen pestanexar...) En fin, un grande amigo, grande compañeiro, estudante, mozo, fillo... Unha grandísima persoa... Quero pensar que el saiba que estea onde estea, sempre o recordaremos e non sairá nunca da nosa memoria esa imaxe sorrinte que el sempre tiña na faciana... En fin Óscar es o millor...

O partido foi entre o seu equipo, o Conxo de xuvenís e unha selección dos grandes compañeiros cos que el estivo xogando gran parte da súa vida... O partido comezou bastante turbio, con varias ocasións dos dous equipos... O primeiro gol foi do Conxo, un excepcional remate de cabeza que non puido deter Vilarinho, a pesar de estar moi ben posicionado... Pero, minutos despois este home tiña que aparecer... Iván Pérez, actual xogador do Laracha de Terceira, driblou de maneira incríble a dous rivais e conectou un fortísimo disparo coa esquerda... Vaia golazo!!!! O máis emotivo e que todo o equipo foi a darlle un abrazo á nai de Óscar e Iván alzou a súa mirada e o seu brazo ó ceo... Para ti Óscar... Unha excelente actuación do gardameta Óscar Vilarinho evitou que o Conxo se adiantase ó marcador...

Na segunda metade, a selección impúxose con tres excelentes tantos, pero daba igual, porque o partido era para Óscar. O público ovacionou a ámbolos dous equipos, que deron espectáculo, todo o que puideron para Óscar... Lembrarémoste sempre, non te esqueceremos...

Aplausos merengues para goles culés

Aplausos merengues para goles culés

0-3... 0-3... 0-3... Nin máis nin menos, que tres goles no Santiago Bernabeu, para facer que o público tivera que renderse ante a clase de Ronaldinho, Eto´o e compañía... Tres latigazos... Tres espectaculares goles que nin Deus sabe se se volverán a repetir...

Os brancos saíron coas de perder dende o comezo do partido... Neste partido comprobouse que perla era a millor: Leo Messi estivo á altura do partido, mentres Robinho deixou, en todo o partido, un regate e un centro sen rematador. Messi significou velocidade, desparpaxo, atrevimento, pase pero... falta de definición. A Pulga só tivo que definir, pero non o conseguiu. Jimmy Jump fixo acto de presencia ó comezo do partido, burlando os gardas de seguridade... No principio da segunda metade sae Mark Roberts... De streakers estivo o partido, porque ós merengues quedaron en bolas ante o esplendor do Barça.

A festa comezou cun gol de Samuel, nin máis nin menos, un xiro no que dribla a tres rivais e un tiro recto eficaz, certero... Casillas nada puido facer...  A festa continuou na primeira parte coas entradas de Messi... Tiña louca á defensa branca, driblando sen parar...

Lembro coma me levantei cando na segunda metade, Dinho marcou o segundo gol... Colle o balón no medio do campo, vaise de Sergio Ramos cunha facilidade pasmosa, continúa correndo... e cun sutil recorte hacia a súa perna dereita, rómpelle a cadeira a Helguera e bate a Casillas, de maneira exemplar. O salto foi meirande ca co gol anterior... Tres amigos do Barça, o resto do Madrid... Coma rimos nolos tres...

A guinda foi o terceiro... Dinho outra vez arrancou dende o medio do campo... Cando vin que o astro brasileiro collía o balón... gritei: Dinho! LÍALA! ti sabes!... Dito e feito. Volve a sentar a Sergio Ramos, e bate de disparo cruzado a Casillas de forma espectacular...

Os aplausos comezaron a soar nun Bernabeu no que Laporta non puido celebrar os goles... Aínda por riba hoxe tamén lle gaña o Werder Bremen por tres goles a un... Se cando se está en racha, estase...

España gáñalle cunha manciña a Eslovaquia

España gáñalle cunha manciña a Eslovaquia

Ninguén podía imaxinar que a selección de fútbol eslovaca ía ser tan feble. Apenas opuxeron resistencia ante un combinado español que estivo sensacional, sobre todo durante a primeira metade. O Vicente Calderón estaba repleto de xente para ve-lo partido.

Nada máis comezar, nun saque de córner efectuado por Xavi, Luis García remata ó fondo das mallas cun excepcional testarazo. Dez minutos máis tarde, un exquisito pase de Xavi por riba da defensa, é recollido co peito por Luis García, quen sen deixar cae-lo balón, bate de disparo cruzado ó gardameta eslovaco... Unha primeira parte na que o dominio foi ibérico, e no que a calidade eslovaca en defensa deixaba moito que desexar...

A segunda metade comezou con susto... Un pase a Casillas de Luis García é interceptado por Nemeth, quen envía o balón á rede... Cun 2-1, a selección iría moi presionada a Eslovaquia, e non podería apenas respirar... Pero no minuto 65, tras un errado remate de Luis García, Kratochvil parece rebasa-lo balón coa mao, aínda que a xogada é máis que dubidosa. O árbitro decreta penalti, transformado por Torres. De novo, tranquilidade... Pero Luis García era o home do partido, e tiña que rematar con hat-trick, e tras unha xenial xogada de Vicente (que saiu na segunda metade no canto de Reyes), o centro deste é rematado por Luis García co tacón. 4-1. Eliminatoria sentenciada. Pero habería tempo para un quinto que alzara a manciña... A dez minutos do final, Vicente realiza outro dos seus fantásticos centros, rematado de xeito soberbio por Morientes (recambio do ovacionado Luis García)... En fin, cabe destacar que Luis García é un crack inesperado, pero este rapaz catalán está triunfando na Premier League, e non é de estranar...

Supoño que con este resultado deberemos estar en Alemaña... Pero, para unha vez que xogan ben, tampouco imos tirar cohetes... O bo faise esperar...

 

O Balón de Ouro... O ben preciado de France Football

O Balón de Ouro... O ben preciado de France Football

Este ano, coma todos, toca a lista elaborada por France Football, para determinar cal é o millor xogador do mundo neste ano 2005... Os brasileiros, coma sempre, son dominantes neste tipo de eventos, pero esperamos que os canarinhos deixen algunha migalla para os demais... Porque... Sempre o mesmo... Acaba por cansar... A continuación colócovos a lista dos xogadores nominados:

Adriano, Ballack, Beckham, Buffon, Mauro Camoranesi, Fabio Cannavaro, Jamie Carragher, Petr Cech, Andriy Shevchenko. Grégory Coupet, Cris, Deco, Dida, Didier Drogba, Emerson, Michael Essien, Samuel Eto´o, Luis Figo, Diego Forlán, Luis García, Steven Gerrard, Thierry Henry, Zlatan Ibrahimovic  Juninho, Kaká, Frank Lampard, Roy Makaay, Claude Makelele, Paolo Maldini, Pavel Nedved, Michael Owen, Park Ji-Sung, Andrea Pirlo, Raúl, Juan Román Riquelme, Arjen Robben, Roberto Carlos, Robinho, Ronaldinho, Ronaldo, Cristiano Ronaldo, Wayne Rooney, John Terry, Lilian Thuram, David Trezeguet,  Marc van Bommel, Ruud van Nistelrooy, Patrick Vieira, Xavi e Zinedine Zidane.

En negriña aqueles que, baixo o meu punto de vista poden ser galardoados con este balón tan peculiar... Por carreira futbolística ou por tempada 2004-2005 creo que estes son merecedores... Vostedes que opinan?

A liga vólvese a poñer interesante...

A liga vólvese a poñer interesante...

O Barça recurtando distancias ós postos de cabeza... O Valencia e o Madrid que case quedan sen extremidades no campo... E o Xetafe de Bernd Schuster unha vez máis, é o líder nesta tempada por terceira vez... Os galegos podemos sentirnos orgullosos, dun Celta que está a bater récords neste arranque ligueiro...

Mentres se lle acusa ós árbitros de persecución e de favoritismos en contra do Real Madrid, o certo é que os merengues non realizan o xogo do que deberían facer gala... Continúan nos postos altos, pero esta derrota na casa afúndeos moralmente de xeito inimaxinable... O Valencia deste xeito, empata a puntos cos brancos, deixando atrás o seu preocupante comezo de liga...

O Athletic non levanta cabeza, e Mendilibar que tampouco a levante xa que está a piques de ser destituido polo xunta directiva do clube... Unha derrota contra o Cádiz, pon os leóns contra as cordas... O Deportivo, tralo seu épico empate fronte o Barcelona, perde en San Sebastián por dous goles a cero, severo castigo para os de Caparrós

A coñecidísima carta a Papá Noel...

A coñecidísima carta a Papá Noel... Descarga aquí a carta en arquivo mp3

Esta carta, escrita por Nano (non sei se é o mesmo que o chiste de Bush), e difundida por Gomaespuma... Non sei que máis dicir desta carta, soamente que é unha das pezas de humor de máis éxito e máis coñecida de todas... A carta está en castelán...

Querido Santa Claus:

Te extrañará que te escriba hoy 26 de Diciembre, pero quiero aclarar ciertas cosas que me han ocurrido desde que te mandé mi carta, lleno de ilusiones, en la que te pedía que me trajeras una bicicleta, un tren eléctrico, una nintendo 64 y un par de patines. Quiero comentarte que me maté estudiando todo el año, tanto que no sólo fui de los primeros de la clase, sino que saqué puros dieces en el cole, no te voy a engañar. No hubo nadie que se portara mejor que yo, ni con sus papás, ni con sus hermanitos, ni con sus amiguitos, ni con sus vecinos. Hacía recados SIN COBRAR, ayudaba a los viejecitos a cruzar la calle y no había nunca algo que no hiciera por mis semejantes, y sin embargo, ¡¡¡QUE HUEVOS LOS TUYOS SANTA CLAUS!!!. Es que... dejar debajo del arbolito una puta peonza, una mierda de trompeta y un maldito par de calcetines, ¡QUE CAGADA! ¡Qué hostias te has creído barrigudo? O sea que me porto como un imbécil todo este año para que me vengas con una mierda de este calibre; y no conforme con eso, al maricón del hijo de la vecina, a ese idiota sin educación, malcriado, desobediente que le grita a su mamá, a ese tonto de las pelotas, sí le trajiste todo lo que te pidió. Por eso ahora quiero que venga un terremoto o algo así, para que nos lleve a la mierda a todos, ya que con un Santa Claus como tú, tan incompetente y falso, mejor que nos trague la tierra. Pero eso sí, no dejes de venir el año que viene porque voy a reventar a pedradas a tus putos y sarnosos venados. Empezando por esa mierda de Rudolph que tiene nombre de homosexual. Te los voy a espantar para que tengas que joderte, camiando a pie como yo ¡cabrón!, ya que la bicicleta que te pedí era para ir al colegio, que queda a tomar por culo de mi casa. ¡¡Ah!! Y no quisiera despedirme sin antes mentarte a la madre que te parió, ojalá que cuando hayas subido muy alto se te de la vuelta el puto trineo y te pegues una buena hostia por ser tan hijo puta. Pero eso sí, te advierto que el año que viene vas a saber lo que es un niño maldito, cabrón y un poco hijo puta.

Atentamente, Nano.

P.D. La peonza, la trompeta y el par de calcetines, puedes recogerlos cuando quieras y metértelos por el culo.

Team America... As cancións

Team America... As cancións Agora gustaríame ofrecervos as cancións que supoñen o fío conductor da película Team America: a policía do mundo. Estas cancións, traducidas ó español, forman parte da continuidade humorística que ten esta película. Cantadas tanto polos personaxes da historia coma por unha voz en off, aquí tedes o amplio surtido para a vosa descarga...

1- Todos teñen SIDA (actuación de Gary Johnston)

2- Se te toca a ti, fódeste e xa está (decisión de Gary antes de ir ó Team)

3- America, fuck yeah! (Misión a Exipto)

4- Só unha femia (escea de amor de Gary e Lisa)

5- Tan soíño (por Kim Jong Il)

O Madrid con penalti e expulsión a favor, acaba gañando 0-3

O Madrid con penalti e expulsión a favor, acaba gañando 0-3 O Madrid consegue, un ano máis vencer no Vicente Calderón. A victoria foi encarrilada moi cedo, cun penalti supostamente cometido por Antonio López sobre Raúl. O árbitro non lle tremou o pulso á hora de decreta-la pena máxima. A repetición ofrece moitas dúbidas. Ademáis, Antonio López foi expulsado polas protestas, con tarxeta vermella directa, polo que perderá os dous próximos encontros de Liga. O penalti foi transformado por Ronaldo, o ariete brasileiro vai perseguindo a Eto´o na lista de máximos goleadores...

O fútbol foi moi pouco vistoso por parte dos merengues, e moi voluntarioso por parte dos vermellibrancos, que gozaron de diversas oportunidades para bater a Casillas, unha vez máis, o heroe do seu equipo. Na segunda parte o Madrid realizou os seus trocos, entre eles Guti, quen lle deu máis elegancia ó xogo dos de Luxemburgo. Un pase en profundidade a Ronaldo de Guti, e unha definición excepcional do brasileiro, decantaron o choque a favor dos brancos... Nos últimos intres de partido, e xa sen nada que facer, o Madrid consegue o terceiro, logo dun erro de Perea no rexeite, que fa que entre o baón na portería de Leo Franco... O Madrid colócase líder á espera do que fagan ó resto o domingo...

Eto´o fai o Neng pero o Barça acaba empatando...

Eto´o fai o Neng pero o Barça acaba empatando... O Barça deixou escapar en Riazor unha victoria que tiña no seu peto tras remontar un marcador adverso de 1-0, tanto marcado por Juan Carlos Valerón no minuto 8 de partido. O Barça foi superior ó Deportivo durante todo o partido, recordando en moitas ocasións a aquel Barça campión de Liga. O xogo foi brillante, sobre todo polas súas dúas grandes estrelas: Ronaldinho y Samuel Eto´o... A celebración de Eto´o foi a esperada... Prometéralle ó Neng de Castelfa, unha celebración especial, bailando coma o personaxe de Buenafuente, co seu típico aleteo de mans.

Despois do gol de Eto´o, Ronaldinho remata unha grande xogada persoal, desbordando a Manuel Pablo cunha cola de vaca, e batendo de disparo cruzado a Molina... O Barça ía ó descanso cunha vantaxe dun gol.

Nada máis comeza-la segunda parte, Ronaldinho volveu inqueda-la meta de Molina, cun forte disparo que marcha desviado. Logo, o Barça, en teoría, mata o partido. O árbitro pita un penalti máis que riguroso a Molina por falta a Deco... Ronaldinho remata a faena cun potente disparo no que nada pode facer o gardameta branquiazul...

O Barça tiña a victoria no peto, e puido conseguir máis goles... Un pase sen mirar de Ronaldinho a Eto´o remata sendo repelido polo pao dereito da portería deportivista, e minutos máis tarde, Deco remata unha volea que a piques está de entrar por toda a escadra. Pero os galegos espertaron... Munitis cunha excelente xogada persoal, acomodando o balón cara a súa perna esquerda, bate a Valdés, un gol, creo, dos millores da súa carreira, a pesar de que el quedou só celebrando o tanto. O Depor continúa asediando a meta blaugrana, cando no minuto 40 da segunda metade, Rubén Castro, tras un disparo de Taborda que bate no poste esquerdo de Valdés, culmina a remontada, logrando o punto para a Deportivo. Para os galegos, ledicia; para os cataláns, vergonza por non matar un partido que tiñan gañado...

Así quedan os partidos de repesca

Así quedan os partidos de repesca Ademais do partido entre Eslovaquia e España, concretáronse outros emparellamentos na zona europea. Ó final, Suiza enfrontarase a Turquía nun encontro de alta expectación, xa que ambos son equipos con grandes cualidades. Por último, a sorte doulla á República Checa a Noruega coma rival para esta repesca europea.

A representación de Oceanía será levada a cabo, coma de costume, por Australia, que se terá que enfrontar ó quinto clasificado do grupo da zona CONMEBOL, é dicir, de Sudamérica, neste caso, os charrúas, Uruguai.

Bahrein ten unha posibilidade histórica para clasificarse a un Mundial. Tras pasar unha difícil repesca fronte a Uzbekistán, a selección de Oriente Medio terá que disputar outra repesca máis ante o cuarto clasificado do grupo da zona CONCACAF, neste caso, o conxunto de Trinidade e Tobago... Ademais dos 27 equipos xa nomeados en artigos anteriores, quedan por saber as cinco seleccións que saíran destas repescas para completar os 32 conxuntos millores do mundo...

Fernando Alonso queda terceiro sendo xa o campeón

Fernando Alonso queda terceiro sendo xa o campeón No circuito de Suzuka, Fernando Alonso quedou de terceiro, e acadou o seu primeiro podio neste gran premio, aínda que o piloto considerou que a estratexia empregada polo seu equipo foi moi, moi equivocada. O seu principal rival, Kimmi Raikonnen rematou primeiro, aínda que Fernando, con 123 puntos, xa é o gañador do mundial, el espera acabar co maior número de puntos posible. Juan Pablo Montoya non puido acaba-la carreira debido a un erro na viraxe dunha curva do circuito, que obrigouno a abandonar...

A selección española de fútbol gaña a Bélxica

A selección española de fútbol gaña a Bélxica O equipo español de fútbol gañou onte a Bélxica por dous goles a cero. Durante os primeiros corenta e cinco minutos a selección estivo moi gris, sen apenas inquedar a porta de Proto, a defensa belga estivo fenomenal e salvou a súa escadra de forma providencial. A selección pecou de exceso de confianza, e esperaba atoparse co mesmo equipo da ida, pero non foi así. Mpenza, Buffel e o capitán Goor tentaron marcar algún gol a Casillas, pero na segunda metade, a entrada de Reyes e Villa na selección española refrescou o encontro. Dous pases do xogador do Arsenal rematados de forma espectacular polo dianteiro do Atlético, Fernando Torres, acabaron coas esperanzas belgas de poder clasificarse para o mundial. "O neno" foi o heroe da noite, e logrou que os afeccionados recuperasen a súa ilusión e credibilidade no combinado español.